+034 986 09 02 04 Venres 24 de Novembro de 2017
DEPUTACIÓN PONTEVEDRA

O Goberno da Deputación de Pontevedra aproba destinar 620.000 € para a contratación de 64 persoas en cinco concellos da provincia


 

A Guarda, Oia, O Rosal, Vila de Cruces e Vilaboa son os beneficiarios desta achega ao abeiro do Plan Concellos 2017

A Xunta de Goberno da Deputación de Pontevedra vén de aprobar a concesión de 618.493,38 €, no marco da liña tres de emprego do Plan Concellos 2017, destinados aos concellos da Guarda, Oia, O Rosal, Vila de Cruces e Vilaboa. Con esta achega, e coa aprobada a comezos da semana, a institución provincial leva xa investidos 933.017,85 € para que oito concellos da provincia poidan contratar a 113 persoas para manter e garantir os servizos municipais.

A Presidenta da Deputación asegurou que “se esta mesma semana se aprobaban as primeiras concesións da liña tres, emprego, do Plan Concellos 2017 destinadas a Cuntis, Arbo e As neves, para que puidesen contratar a 49 persoas, esta semana os concellos beneficiados son A Guarda, Oia, O Rosal, Vila de Cruces e Vilaboa, con preto de 620.000 €”. En concreto, achégase á Guarda 154.852,58 € para a contratación de 17 persoas, a Oia 94.434,08 € dirixidos a 12 persoas, ó Rosal 122.875,92 € para 14 persoas, a Vila de Cruces 134.770,60 destinados a 11 persoas e a Vilaboa 111.560 € para a contratación de 10 persoas.

Con esta aprobación, e co aprobada na Xunta de Goberno celebrada o 23 de xaneiro, “levamos xa investidos 933.017,85 € na liña tres o que supón o 10,06% do investimento asignado a esta liña e 113 persoas empregadas en oito concellos da provincia”. Carmela Silva recordou que este ano a achega total da liña tres é de 9.270.000 € o que supón o 22,5% do total do Plan Concellos 2017, que conta con 41,2 millóns de €, un 3% máis que en 2016.

Deja un comentario