+034 986 09 02 04 Martes 24 de Abril de 2018

Gracias á denuncia do PP melloran a estrada que vai de Cuntis ata o campo das Canteiras


O Partido Popular resalta que foi gracias ás críticas que o seu voceiro, Antonio Pena, realizou no pleno municipal da semana pasada sobre “o estado lamentable” da estrada que vai de Cuntis ata o campo das Canteiras as que provocaron que desde o Goberno se acometesen melloras urxentes e inmediatas nesta vía, tal e como esixiron desde o PP.

Así, Antonio Penas recolleu as críticas dos veciños deste lugar, e denunciou no pleno do xoves que esta vía estaba nunhas condicións moi malas, co asfalto totalmente deteriorado, o que provocaba un grave perigo tanto para os condutores como para os peóns.

O voceiro popular destaca a “oposición crítica e construtiva” que está realizando o PP en Cuntis, e neste sentido, confía en que o goberno municipal tamén recolla outra das demandas que plantexaron, solicitando a reposición de dúas luminarias na intersección entre as rúas Jesús Sáchez e A Presiña.

Deja un comentario