+034 986 09 02 04 Mércores 27 de Maio de 2020

Soutomaior dá o último paso antes da aprobación definitiva do PXOM


O Pleno Municipal aprobou o plan provisional coas modificacións esixidas pola Xunta de Galicia

O Concello de Soutomaior deu esta mañá o último paso antes da aprobación definitiva do seu plan xeral de urbanismo. O pleno municipal aprobou o plan provisional coas modificacións impostas pola Xunta de Galicia. Desta maneira só faltase que o ente autonómico outorgue nos próximos meses a aprobación definitiva dun plan que ten o seu horizonte de validez no ano 2027.
Esta aprobación provisional, xa houbo unha inicial en febreiro do ano pasado, é o último paso que corresponde ao goberno municipal para que o documento salga adiante. “A definitiva outórgaa a Xunta”, explica o alcalde, Agustín Reguera, que engade que “os primeiros pasos deste plan déronse en 2004, co primeiro estudo e as primeiras consultas para recibir suxestións por parte dos veciños. Pero as sucesivas modificacións na lei do chan, que restrinxían en gran medida ampliar os núcleos rurais, fundamentais en Soutomaior; o Plan de Ordenación do Litoral e as Directrices de Ordenación do Só, atrasaron todo o proceso ata poder contar cun marco xurídico estable”.
Este será a primeiro PXOM da historia do Concello. “Un gran avance para Soutomaior e un documento básico para o desenvolvemento de calquera Concello”, como o cualificou o rexedor local, que describiu o proceso como “lento e laborioso, pero sempre transparente e en contacto cos veciños. O plan estivo exposto permanentemente e os técnicos municipais informaron de todo os veciños que os pediron”, ao que engadiu que “ademais realizáronse exposicións públicas en Arcade e Soutomaior nas que o equipo redactor explicaba pormenorizadamente todos os cambios realizados, as súas causas e as melloras que leva a nova ordenación”, engadiu Reguera.
As modificacións con respecto ao documento anterior, aprobado o ano pasado, veñen impostas pola Consellería de Medio e Ordenación do Territorio, e corresponden “principalmente a cuestuiones de carácter normativo e de índole documental”, afirmou Reguera, que indicou que no relativo á cualificación das parcelas “o que máis chama a atención é a eliminación de 3 zonas urbanizables, 2 en Soutomaior e unha en Arcade, que xa tiñan esa cualificación nas normas subsidiarias actuais e non supoñen ningún cambio na práctica”.
Fase de Alegacións
Durante o pleno, o alcalde de Soutomaior destacou o gran traballo do equipo redactor e dos técnicos municipais durante todo o proceso. En total presentáronse 527 alegacións procedentes de 338 veciños, resolvéndose favorablemente o 53% delas. Con todo, Reguera afirmou que “o número de alegacións é moi inferior ao doutros municipios, e máis da metade foron aceptadas. Iso dá mostra do gran traballo que fixeron os nosos técnicos aconsellando aos veciños e explicándolles ao detalle como lles influía é plan”.
Respecto ao período de alegacións, o alcalde criticou a actitude da oposición e a súa falta de solucións. “Durante todo o período de alegacións o BNG non efectuou nin unha soa proposta de ordenación, nin un só plano, nada. O único que fixeron foi presentar alegacións á normativa e sobre todo, moito populismo”. Neste sentido, sinalan desde o PP que “resulta curioso que a pega principal que poñen nun pleno como este sexa o horario e non se diga nada sobre urbanismo”.
Proxección ata 2027
O horizonte de validez deste plan está marcado no ano 2027, cando as previsións outorgan a Soutomaior unha poboación aproximada de 9758 habitantes. Neste sentido, e en consonancia co constante aumento poboacional do municipio, o PXOM contempla a ampliación de diversas zonas residenciais, de servizos e de recreo.
Segundo as estimacións do IGE, o número de vivendas construídas no municipio hoxe en día ascende aproximadamente a 3600, mentres que a capacidade residencial da novo PXOM estímase en 4757, un 32% máis das actualmente construídas.
Con respecto ás zonas verdes, o novo plan contempla unha ampliación de case o 20% con respecto á superficie total dispoñible na actualidade. Coa entrada da novo PXOM, pasaranse dos 150.000 metros cadrados a 183.000, unha cifra máis que suficiente se se observa que os informes da Xunta de Galicia marcan como necesaria unha superficie de 142.000 metros cadrados para a poboación estimada en 2027. Neste sentido, o plan tamén contempla a creación de varias zonas de protección paisaxística, como a enseada de San Simón, o Castelo de Soutomaior, o monte da Peneda ou o “antigo vertedoiro”.

Deja un comentario