+034 986 09 02 04 Luns 24 de Setembro de 2018
DEPUTACIÓN PONTEVEDRA

O alumnado do obradoiro de emprego Depoatende inicia este luns as prácticas en cinco entidades sen ánimo de lucro da provincia


O curso iniciouse en outubro no Centro Príncipe Felipe da Deputación e esta última fase destinada á adquisición de experiencia profesional conclúe a finais de marzo

As trece mulleres e o home que compoñen o alumnado do curso “Atención sociosanitaria a persoas dependentes en institucións sociais” que se iniciou o pasado 1 de outubro no Centro Príncipe Felipe da Deputación, en Pontevedra, comezan este luns 6 de febreiro a fase de prácticas en cinco entidades sen ánimo de lucro da provincia, o que lles permitirá adquirir experiencia profesional no ámbito no que recibiron formación ata o vindeiro 29 de marzo.

As asociacións de familiares de persoas enfermas de Alzheimer AFAGA e AFAPO, Amencer-Aspace, COGAMI Mos e Pontevedra e a Asociación Juan XXIII Pontevedra son as entidades nas que o alumnado do obradoiro de emprego poderá poñer en práctica os coñecementos aprendidos en ámbitos coma a atención hixiénico-sanitaria ou o apoio psicosocial e comunicativo en institucións.

A deputada provincial de Emprego, MontseMagallanes, reuniuse coa docente e estudantes de Depoatende no Centro Príncipe Felipe, abordando as “posibilidades laborais” na atención sociosanitaria a persoas dependentes e animou a cada participante a aproveitar esta oportunidade formativa.

Deja un comentario