+034 986 09 02 04 Mércores 13 de Novembro de 2019

Campamento de Entroido para rapaces de 12 a 16 anos realizado polos alumnos-traballadores do Obradoiro de Emprego ConciliaMos


Os interesados en participar deben inscribirse antes do 22 de febreiro. O campamento levarase a cabo do 27 de febreiro ó 1 de marzo

O Obradoiro de Emprego ConciliaMos organiza un Campamento de Entroido para mozos/as de 12 a 16 anos de idade. Levarase a cabo os días 27 e 28 de febreiro e 1 de marzo no Pavillón Óscar Pereiro en horario de 09.30 horas a 14.00 horas da mañá.

O día 27 realizarase un taller de maquillaxe e máscaras 3D, o 28 de febreiro será de accesorios, comparsa e ‘acrosport’ e o 1 de marzo farase unha xincana.

Os interesados en participar deben entregar a solicitude de inscripción no Rexistro do Concello, na Axencia de Colocación de Mos, ou por correo electrónico a directoraoeconciliamos@concellomos.es, ata o 22 de febreiro.

Durante o campamento os participantes terán tempo para a merenda, que deberán levar da casa. Se algún ten calquera necesidade especial debe comunícalo. Recoméndase levar roupa cómoda e de abrigo, así como calzado deportivo.

Deja un comentario