+034 986 09 02 04 Sábado 20 de Xaneiro de 2018

Cores Tourís comprobou as obras realizadas por educación no CEP Riomaior de Vilaboa


O delegado territorial da Xunta en Pontevedra destacou que os traballos permitiron reformar a instalación da calefacción deste centro e cambiar a súa cuberta cun investimento de máis de 87.000 euros
O delegado territorial da Xunta en Pontevedra, José Manuel Cores Tourís, comprobou en compaña do alcalde de Vilaboa, Luis Poceiro, as obras executadas pola Consellería de Educación no CEP de Riomaior e que permitiron mellorar a instalación da calefacción deste centro. Ademais, repararase tamén a cuberta onde se atopa a caldeira, xa que foi danada polo pasado temporal.
O delegado territorial estivo acompañado na visita a este colexio polo xefe territorial de Educación, César Pérez Ares, así como polo equipo directivo e os responsables da Unidade Técnica da Xefatura Territorial.
“Era necesario cambiar a instalación da caldeira deste colexio”, explicou Cores Tourís, “xa que o seu funcionamento era deficiente e isto estaba a provocar un exceso de consumo de combustible e a incomodidade dos usuarios”.
Na sala de caldeiras independizouse o circuíto hidráulico e se instalou unha regulación para o mesmo, reformándose os circuítos da parte nova do centro e levando a cabo o revestimento interior do depósito de combustible soterrado. O orzamento global foi de case 57.000 euros.
José Manuel Cores Tourís tamén destacou que se van a investir a maiores outros 30.000 euros para cambiar a cuberta do edificio onde se atopa a caldeira, xa que foi danada polo pasado temporal. “En total, neste momento, contabilizáronse 57 actuacións por parte da Consellería de Educación por incidentes do pasado temporal, o que está cuantificado xa nuns 597.000 euros”, engadiu.
Pola súa banda, o alcalde de Vilaboa agradeceu a actuación da Xunta de Galicia neste centro e destacou a importancia da colaboración entre institucións para seguir a traballar na mellora dos centros educativos deste municipio.
Nos últimos anos, a Consellería de Educación investiu case 200.000 euros nas melloras dos centros de Primaria e Secundaria da localidade, con melloras como a creación dun novo comedor no CEP de Riomaior onde tamén se levou a cabo a reposición de pavimento de pistas polideportivas, así como diversas melloras no ximnasio do CPI do Toural e a reforma da instalación de calefacción destes dous centros.

Deja un comentario