+034 986 09 02 04 Domingo 15 de Decembro de 2019

A OMIC de Ponteareas asesora e tramita á veciñanza de Ponteareas sobre as cláusulas chan


A Oficina de Información ao Consumidor de Ponteareas, dependente da Concellería de Consumo que xestiona Inés Vidal, ten concertadas ata o momento mais de 200 citas sobre as ‘cláusulas chan’
Dende que se dera a coñecer a sentenza do TJUE do 21/12/2016, sobre as cláusulas chan, a Oficina de Información ao Consumidor do Concello de Ponteareas ─OMIC─ atendeu a máis de 100 veciñas e veciños que solicitaban máis información sobre este tema.
Tal e como sinalou a concelleira de Consumo, Inés Vidal, a OMIC asesora á veciñanza e tramita “de xeito totalmente gratuíto e se lle indica se a súa hipoteca ten cláusula chan ou non e, se é o caso, fáiselle un escrito de reclamación personalizado para presentar na entidade bancaria correspondente”. Doutra banda, na propia OMIC infórmaselle aos interesados e interesadas, sobre a conveniencia ou non de presentar reclamacións.
En todo caso, Inés Vidal quere transmitir unha mensaxe de tranquilidade á veciñanza “xa que contan cun prazo de 5 anos para facer as reclamacións”, polo que aconsella que as consultas as fagan “de xeito paulatino”.
Inés Vidal lembrou que, en canto ao R.D. 1/2017, do 20 de xaneiro, de medidas urxentes de protección de consumidores en materia de cláusulas adoito, as entidades de crédito dispoñen dun prazo de 1 mes para prepararse e dispoñer dun departamento para atender ás reclamacións que se lle presenten por este tema.
Posteriormente, a medida que se presenten as reclamacións, as entidades darán resposta ás mesmas no prazo de tres meses desde a presentación, pero tamén está contemplado no Real Decreto que a entidade de crédito pode non contestar ao reclamante. Sería entón, explica a concelleira de Consumo, “unha vez concluída esta reclamación previa, sen acordo, cando o consumidora podería acudir á vía xudicial”.
Dende ese punto de vista, apunta Inés Vidal, “O Real Decreto é unha canle sinxela, de carácter voluntario para o consumidor e que posibilita un acordo coa entidade sen necesidade de acudir ao Xulgado e sobre o cal a OMIC de Ponteareas asesóralle e axuda”.
Finalmente, a responsable de Consumo do Concello de Ponteareas lembra que “por motivos de carga de traballo, dado que a OMIC segue tramitando e asesorando sobre outros temas relativos a consumo”, os días de atención ao público son os luns, mércores e venres de 8 h a 11 h e de 12 h a 15 horas.
“Para unha mellor atención ─remata Inés Vidal─ prégase a veciños e veciñas que pidan cita, ben en persoa nos días e horas indicadas, ou tamén por teléfono no 986 640 000-Extensión 2211 (OMIC).
Para maior información ao cidadán, farase unha charla impartida pola Unión de Consumidores de Galicia o próximo xoves día 23, na sala Multiusos do Auditorio Reveriano Soutullo ás 20:00

Deja un comentario