+034 986 09 02 04 Martes 20 de Outubro de 2020

O concello de Nigrán retira miles de botellas de plástico aparecidas nas súas praias durante o temporal


O Concello de Nigrán conclui a limpeza manual e urxente dos seus areais tras aparecer durante a fin de semana miles de botellas de plástico e lixo que serán sometidos ao correspontente tratamento de xestión de residuos. O forte temporal provocou unha chegada masiva deste tipo de lixo a tódalas praias do municipio, polo que dende o luns os operarios comezaron a traballar en Prado para seguir por Area Fofa, A Madorra, Panxón e Praia América,.
A limpeza dos areais estase a realizar de xeito manual, sen ningún tipo de medio mecánico, e sen retirar as algas, dado que ambos aspectos son os máis axeitados para evitar a erosión do litoral.
«Cando hai temporais chega máis lixo as praias, pero nesta ocasión resulta sorprendente. En canto finalizaron as mareas vivas e as alertas comezamos a limpar urxentemente», sinala o alcalde, Juan González.

Deja un comentario