+034 986 09 02 04 Mércores 18 de Xullo de 2018

Entroido nas Neves


O sábado 25 desfrutarase das actividades programadas

O Concello das Neves anuncia a programación do Entroido 2017. Logo da publicación dunhas bases para que as comparsas e carrozas participen, agora expoñense o resto de actividades.

Nas bases para as comparsas establécese que recibirán como premio por participar un vale de compra de 75 ou 100 euros, según sexan de menos ou máis de 15 participantes. Os vales de compra serán para establecementos comerciais do termo municipal das Neves. Teñen de prazo para inscribirse ata o martes 21 de febreiro.

O Entroido das Neves desenrolarase o vindeiro sábado 25 na tarde-noite. As 18 comenzará o desfile de Entroido dende a rúa Entrecíns ata a Praza Maior. As 20:30hs procederase á Queima da Velutina, feito de protesta ou reclamo para que a Xunta lle dea a importancia que ten a este problema da Vespa Velutina.

A tarde estará amenizada polo grupro Sanamá Bloco de Samba.

Xa pola noite, as 22:30hs comezará o baile de entroido na Casa da Xuventude no cal haberá un concerto especial do grupo La banda de Mazinger arredor das 23:30hs.

Deja un comentario