+034 986 09 02 04 Domingo 20 de Setembro de 2020

A corporación da Lama aproba por unanimidade a reprobación de Fenosa e esíxelle unha compensación para os veciños que sufriron cortes prolongados na subministración eléctrica


 

O alcalde Jorge Canda informou os concelleiros do envío, feito nos momentos inmediatos ao problema, dunha carta pedindo que se inspeccionase as liñas e depurásense responsabilidades ante o apagamento

 

A Corporación Municipal do Concello da Lama aprobou por unanimidade unha moción presentada polo PSdeG-PSOE e emendada polo Partido Popular, mercé á cal se reproba publicamente o comportamento de Gas Natural Fenosa durante o apagamento producido como consecuencia dos últimos temporais e esíxeselle unha compensación económica para os veciños que sufriron os inconvenientes de permanecer máis de 80 horas sen subministración eléctrica.

A moción orixinal sufriu variacións ao comprobarse no Pleno que o alcalde, Jorge Canda, enviara nos momentos inmediatos ao problema detectado, unha carta ao conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, na que se instaba á Xunta de Galicia a realizar as inspeccións que considerase oportundas co fin de determinar responsabilidades da eléctrica pola ausencia prolongada da subministración. Ante isto eliminouse un punto que pedía precisamente esta xestión que xa fora realizada.

Tamén se eliminou o parágrafo referente á necesidade de conveniar cunha empresa do sector eléctrico o aluguer dun xerador para este tipo de emerxencias, ao considerar que sería unha medida pouco eficaz tendo en conta que, neste recente suceso, non só foi afectado Pigarzos, se non tamén localidades como Seixido e Xesta, aínda que con menos impacto que o primeiro, e a súa implementación sería complicada tendo en conta que tamén se precisaría da autorización das compañías subministradoras da enerxía eléctrica para a súa conexión polo que se retirou do acordo.

Finalmente, incluíuse un punto na moción aprobada por unanimidade de felicitación a Eléctrica Moscoso pola súa rápida intervención e dilixencia á hora de resolver problemas ocasionados naquelas liñas que se achan baixo a súa xestión directa.

Deja un comentario