+034 986 09 02 04 Mércores 26 de Setembro de 2018

As Neves solicita diante da Conselleira a utilización da futura EDAR da Plisan


 

O Concello quere mellorar a situación do saneamento e a calidade da auga dos ríos

O Alcalde do Concello das Neves, Xose Manuel Rodríguez solicita diante da Conselleira de Infraestruturas, Ethel Vázquez, a necesidade e oportunidade da utilización na nova Estación Depuradora de Augas Residuais (EDAR) que se vai construir na Plisan.

Plantexarase o vertido do saneamento de boa parte do territorio municipal.

Tamén se impulsará a colaboración de Augas de Galicia para o deseño e execución da canle de saneamento con destino a Estación Depuradora.

O Alcalde afirma que é unha compensación necesaria para a poboación das Neves despois de tantos años de incumprimentos reiterados, de expectativas frustradas e da grave alteración da morfoloxía do territorio.

De igual modo avanzarase no estudo da solución proposta para rexenerar ambientalmente o millón de metros cadrados excluído do actual ámbito Plisan, así
como a abono definitivo das indemnizacións aos expropiados.

Deja un comentario