+034 986 09 02 04 Luns 18 de Decembro de 2017

Tarefas de poda no Concello de Cerdedo-Cotobade


O Concello realiza estas tarefas nos meses de xaneiro e febreiro por ser a mellor época anual

O Concello de Cerdedo-Cotobade a través da brigada de operarios realiza traballos de poda e acondicionamento dos espazos verdes de Cerdedo. Estes traballos son realizados de forma anual e buscan mellorar a contorna e a paisaxe. Para iso os traballos son realizados por operarios especialistas e coa axuda da maquinaria existente no Concello. Os obxectivos de realizar estes traballos de poda son para: eliminar as ramas secas, ramas enfermas, ramas gravemente atacadas por insectos, virus ou fungos, ramas rotas, eliminar os restos de ramas e tocos de podas anteriores, eliminar aquela rama que, sendo máis débil, compita directamente con outra polo mesmo espazo vital, eliminar unha das dúas ramas que se rocen de maneira habitual ou alixeirar aquela rama cun protagonismo excesivo para o tamaño da árbore.

Deja un comentario