+034 986 09 02 04 Luns 10 de Decembro de 2018
DEPUTACIÓN PONTEVEDRA

A Deputación inicia as obras para consolidar a estrada das sinas en Vilanova


O custe estimado da actuación estímase en 12.500 euros

A Deputación de Pontevedra iniciou  a primeira hora as obras para solucionar o afundimento producido na EP-9702 de As Sinas en Vilanova o pasado venres. O custe da actuación, contratada por vía de emerxencia, estímase en 12.500 euros.

Segundo explicou o novo responsable de Conservación e Xestión do departamento de Mobilidade, Daniel Romay, a obra consistirá na instalación dunha nova canalización que permita repoñer a drenaxe do regato que pasa por onde fundiu a calzada. A anterior tubaxe, segundo informaron os técnicos provinciais, tiña unha deficiente instalación, polo que a auga en lugar de cruzar a estrada polo seu interior pasaba por abaixo. Iso produciu o arrastre de terras e a formación do oco que motivou á caída da calzada. Unha vez realizada a substitución, encherase o espazo co material correspondente, compactarase o terreo e realizarase o asfaltado.

Só será preciso manter cortado o tráfico no carril no que se traballará, permitindo un paso alternativo como o que hai na actualidade co valado de sinalización. En canto á duración da actuación, a previsión é que se prolongue durante uns dez días, se ben a intención é abrir ao tráfico totalmente a plataforma no momento no que se poida garantir o paso con seguridade.

Deja un comentario