+034 986 09 02 04 Mércores 13 de Novembro de 2019

A Biblioteca Municiapal de Soutomaior conmemora o aniversario do nacemento de Rosalía de Castro


 

O club de lectura en galego fará unha lectura pública de obras da poetisa na que participará o alcalde e varios concelleiros

O Concello de Soutomaior únese este xoves aos actos de conmemoración 180 aniversario do nacemento de Rosalía de Castro a través da biblioteca municipal Luís Seoane de Arcade. Durante estes días expoñerase unha selección sobre a vida e obra da escritora. Ademais, o club de lectura en galego da biblioteca municipal conmemorará dita efeméride cunha lectura pública dalgunhas das súas obras máis coñecidas. O acto comezará ás 19:00 horas e a participación está aberta a todos os veciños e interesados.
A exposición permanecerá aberta ata finais deste mes e conta cunha selección de obras da poetisa galega así como diversas críticas e estudos que outros autores realizaron sobre ela. Situada na primeira planta da biblioteca, a mostra bibliográfica componse por 35 títulos repartidos entre: obras completas, obra poética, obra en prosa, antoloxías, seleccións e publicacións sobre a súa vida, obra e pensamento.
Cabe destacar entre o amplo repertorio os librodiscos de poemas musicalizados para nenos “Rosalía pequeniña”, de Uxía Senlle, e “A miña primeira Rosalía”, con poemas cantados por Xiana Lastra, ademais do exemplar con poesías completas e ilustradas de Follas Novas, da editorial O Patito, e a Revista de estudos rosalianos da Fundación Rosalía de Castro.

Deja un comentario