+034 986 09 02 04 Luns 20 de Novembro de 2017

O BNG denuncia que a falta de orzamento no Concello de Moraña demostra a falta de traballo e proxecto político do PP


 

O Concello de Moraña non ten orzamento para o ano 2017. O goberno municipal do PP continúa sen presentar a debate o proxecto de orzamentos municipais para o ano vixente. A ausencia dun proxecto de orzamentos tendo garantía de aprobación ao teren maioría aboluta, é a mostra máis evidente de abandono e deixadez das súas funcións por parte da Alcaldesa de Moraña e o seu goberno.
Para o BNG a falta do documento anual máis importante para a xestión dun concello vén a evidenciar a falta de planificación e de xestión do PP en Moraña. Para calquera goberno municipal unha das funcións MÁIS IMPORTANTES, case a principal e esencial, é elaborar de xeito anual un proxecto de orzamentos que amose as liñas básicas de planificación e distribúan as diversas partidas da forma máis xusta e a
corde aos intereses e necesidades dos veciñ@s e que cubran os servizos públicos básicos.

Coa manifesta incapacidade neste e noutros moitos aspectos, o crédito deste inútil goberno municipal do Partido Popular está completamente esgotado.
Dende o BNG-MORAÑA denunciamos unha vez máis este despropósito e advertimos que aumentaremos a presión e a denuncia públicas nas vindeiras semanas ante este feito tan perxudicial para o conxunto dos veciñ@s do noso concello, que son finalmente os que padecen a desplanificación e a falta de proyecto político do grupo de goberno.

Deja un comentario