+034 986 09 02 04 Mércores 18 de Xullo de 2018

O BNG de Lores búrlase dos veciños de Pontevedra


Os populares denuncian que “os nacionalistas non cumpren co prometido para o parque infantil de Monteporreiro”
“O Goberno de Lores enganou aos veciños de Monteporreiro coas obras do parque infantil”. Así o denunciaron hoxe os populares tras manter un encontro cos propios afectados e recoller as súas queixas. “As obras que se están a levar a cabo, ademais de chegar con atraso, non cumpren co que o BNG lle prometeu a los veciños”, destacou a concelleira popular, María José Rodríguez en rolda de prensa.
“A ampliación anunciada redúcese a tan só un lateral; o Goberno Local prometeu xogos e randeeiras para rapaces de todas as idades, pero os instalados tan só están destinados para nenos de 7 anos ou menos”, sinalou a edil popular. Ademais, “os veciños solicitaron a eliminación dunha randeeira en mal estado polo perigo que supoñía, pero esta sigue alí”.
Os populares lamentan que o Goberno de Lores non cumpra coas demandas realizadas polos veciños, usuarios desta instalación, e esixen que se cumpra o acordado con eles.
Prórroga servizo abastecemento de auga.
Nesta mesma rolda de prensa, o portavoz popular, Jacobo Moreira, aproveitou para denunciar “a parálise do Goberno de Lores”, tras coñecer que se vai prorrogar a concesión do servizo de abastecemento de auga. “O BNG sabe hai 20 anos que esta concesión vencía en febreiro de 2017, tiveron 17 anos para preparar un novo contrato e unha vez máis, non fan os deberes a tempo”, destacou o edil popular, “BNG non é capaz de xestionar os principais asuntos que afectan aos pontevedreses”.
Os populares lembran que isto é xa habitual nos nacionalistas, “vímolo co contrato sobre a recollida de lixo que vai pola segunda prórroga; vímolo co contrato para o mantemento de xardíns con varias prórrogas irregulares; estámolo vendo co contrato das piscinas de Campolongo, estamos camiño da oitava prórroga ou a construción do aparcamento da praza de España coa que estiveron dando voltas durante 10 anos”, lembrou Jacobo Moreira, quen por este motivo se pregunta “¿a que se dedica o Alcalde?”.
“A maquinaria do Concello está paralizada: obras paralizadas, proxectos paralizados e renovacións de contratos paralizados”, sinalou o portavoz dos populares quen lamenta que “isto supoña importantes prexuízos para os veciños con asuntos tan importantes como a instalación do saneamento, que terá que esperar aínda máis tempo, ou que se demore a redución das esixencias que obrigan a conectarse á rede”.
Dragado do Lérez.
O portavoz popular amosou tamén a súa “sorpresa” ante as alegacións presentadas pola Marea contra o proxecto para o dragado do Lérez xa que, lembrou, “esta actuación foi demandada polo sector do mar”. “Están en contra do sector do mar e tamén en contra dos veciños de Lourizán, pois tamén amosaron a súa oposición á pasarela marítima que une Pontevedra con Lourizán”, manifestou Jacobo Moreira que “nin comparte nin entende esta postura das Mareas de estar en contra dunhas iniciativas tan esperadas”.

Deja un comentario