
A deputada autonómica do PP e concelleira en Portas, María Isabel Novo, visitou Valga para manter unha primeira reunión co alcalde da localidade, José María Bello Maneiro, tralo seu recente nomeamento como parlamentaria.
A intención de Novo é visitar a todos os seus compañeiros de partido nos diferentes concellos da comarca de Ulla-Umia co fin de manter unha relación fluída e coñecer todas as problemáticas que poida haber nos concellos veciños para trasladalas dentro das súas competencias e posibilidades ao Parlamento de Galicia.
O alcalde de Valga pola súa parte, púxoa en coñecemento de varios asuntos que neste momento lle preocupan e lle afectan a Valga como un muro en mal estado á beira do Camiño de Santiago, a limpeza dos ríos ou un problema de saneamento.
Ambos amosaron a súa satisfacción por esta primeira xuntanza e espérase que unha vez que a deputada se poña en contacto con todos os alcaldes e presidentes locais do PP na comarca se poida celebrar unha reunión a nivel comarcal.
Deja un comentario
Disculpa, debes iniciar sesión para escribir un comentario.