+034 986 09 02 04 Luns 20 de Novembro de 2017
DEPUTACIÓN PONTEVEDRA

A Deputación de Pontevedra destina máis de 1,6 millóns de € para a contratación de 220 persoas en dez municipios ao abeiro do “Plan Concellos 2017”


Baiona, Barro, A Cañiza, A Illa de Arousa, Marín, Meaño, Moaña, Nigrán, Soutomaior e Vilagarcía de Arousa son os dez concellos beneficiarios destas achegas

A Deputación de Pontevedra leva investidos nun mes máis de 6,3 millóns de euros, preto do 70% da liña 3 do Plan Concellos, o que supón un total de 831 persoas empregadas en 45 concellos da provincia

A Xunta de Goberno da Deputación de Pontevedra vén de aprobar a sexta concesión de subvencións, nesta ocasión por un total de 1.629.941,27 €, no marco da liña 3 de emprego do Plan Concellos 2017. Esta cantidade será destinada aos concellos de Baiona, Barro, A Cañiza, A Illa de Arousa, Marín, Meaño, Moaña, Nigrán, Soutomaior e Vilagarcía de Arousa para que poidan contratar a 220 persoas.

Carmela Silva sinalou que “con estas seis achegas, a institución provincial leva xa investidos nun mes un total de 6.338.980,90 €, o que supón 0 68,38% da liña 3 do Plan Concellos 2017”. A Presidenta provincial sinalou a súa satisfacción “polo avanzada que está a concesión da liña 3 do Plan Concellos”, grazas á cal “a día de hoxe xa se crearon 831 postos de emprego en 45 concellos da provincia de Pontevedra” que suporán a garantía e o mantemento dos diversos servizos municipais destas vilas.

En concreto, a Xunta de Goberno da institución provincial vén de aprobar as seguintes achegas a estes seis concellos: Baiona recibirá 201.269,5 € para a contratación de 25 persoas, Barro un total de 94.157,35 € dirixidos a 15 traballadoras e traballadores, A Cañiza outros 119.454,29 € para dar emprego a 18 persoas, A Illa de Arousa recibirá 91.006,4 € para a contratación de 13 traballadoras e traballadores, Marín un total de 152.483,02 € dirixidos a 24 persoas, Meaño outros 110.499,92 € para dar emprego a 18 homes e mulleres, Moaña recibirá 217.210,14 € para a contratación de 29 persoas, Nigrán un total de 218.252,28 € dirixidos a 27 traballadoras e traballadores, Soutomaior outros 111.276,90 € para dar emprego a 17 persoas e Vilagarcía de Arousa recibirá 314.331,47 € para a contratación de 34 traballadores e traballadoras.

Este ano a achega total á liña 3 do Plan Concellos 2017 está situada en 9.270.000 €. Esta cifra supón o 22,5% da totalidade do Plan que, neste exercicio, conta con 41,2 millóns de euros, o que se traduce nun 3% máis que o ano pasado.

Deja un comentario