+034 986 09 02 04 Xoves 05 de Decembro de 2019

O CPA Condado Salvaterra subcampión galego de Grupos Show.


O pasado sábado 25 de Febreiro celebrouse en Porriño o Campionato Galego de Grupos Show Xuvenil e Cuartetos

En Grupos Xuvenil viviuse unha competición moi emocionante e axustada cun triplo empate por puntos nos tres primeiros clasificados. Ao final e aplicando o sistema «white» o CPA Condado Salvaterra coa súa coreografía «Efecto Dominou» quedo en segunda posición. O grupo formado por dez patinadoras e adestrado por Eduardo Caride participará no Campionato de España, que se celebrará en Alcoy o 24 e 25 de Marzo.Primeira posición para os Coruñeses do Liceo co tema «O teu» e terceira posición para o Club Campus Stellae De Santiago coa coreografía «Posion».

Na competición de Cuartetos, primeira posición para o Carpa Viqueira de Vigo, segunda posición para o Anfora de Cangas e terceira posición para o Patin Axel de Arteixo.

Deja un comentario