+034 986 09 02 04 Luns 30 de Novembro de 2020

O goberno de Nigrán considera irresponsable e imprudente a campaña informativa anunciada por Nigrán Decide sobre a recente regularización catastral


 

O único servizo de asesoramento técnico oficial (solicitado dende o Concello) atende aos veciños ata o 3 de marzo nas instalacións do Centro de Información á Muller (CIM)

O goberno de Nigrán considera «totalmente irresponsable e imprudente» a campaña informativa anunciada por Nigrán Decide coa excusa de asesorar á veciñanza sobre a recente regularización catastral á construccións non dadas de alta realizada recentemente polo Ministerio de Hacienda. Neste sentido, suliña que o único servizo de asesoramento técnico oficial (solicitado precisamente dende o Concello e ao marxe dos propios técnidos de Hacienda) atende aos veciños dende o 13 de febreiro e ata o 3 de marzo nas instalacións do Centro de Información á Muller (CIM).»Os afectados deben dirixirse a estes servizos oficiais para efectuar reclamacións ou resolver dúbidas, non a ningún partido político que só busca crear confusión», insiste o alcalde, Juan González, quen sinala «o perigo de que os afectados reciban información erronea ao non acudir ao lugar axeitado».

O Ministerio de Hacienda do Goberno de España informou o 15 de novembro de 2013 ao anterior goberno municipal do PP de que sumarían a Nigrán a esta regularización. A finais de novembro de 2013 se lle contesta dende o Concello mediante escrito de conformidade solicitando «que se demore a execución ata algún dos últimos tramos do periodo previsto ao efecto», recibindo por resposta do Ministerio de Hacienda que entón se levaría a cabo «no segundo trimestre de 2016». Así, foi o 22 de febreiro de 2016 cando o Boletín Oficial do Estado publicou este procedemento de revisión das construcións non dadas de alta «co fin de garantir a concordancia entre a descrición castastral de bens inmobles coa realidade inmobiliaria». Toda esta documentación de 2013 foi entregada precisamente a Nigrán Decide no derradeiro pleno, «polo que queda clara a súa mala fe á hora de difundir información ao respecto», sinala o alcalde, Juan González.

No 2016 o Catastro realizou este traballo de campo no municipio e dende este organismo dependente de Hacienda estase a comunicar actualmene a situación aos contribuíntes afectados. En total, detectaron 2.133 incidencias en Nigrán, entre elas 565 construccións novas, 198 piscinas, 80 reformas ou rehabilitacións, 6 cambios de uso e 1.284 ampliacións ou construccións auxiliares. É convinte aclarar que dita regularización excluirá a aplicación de sancións que puideran esixirse polo incumprimento da obriga de declarar de forma completa e correcta as cirscunstancias determinantes da alta ou modificación do procedemento de regularización.

Dende o Concello se recomenda encarecidamente aos veciños que resolvan calquera tipo de dúbida directamente en Hacienda ou no servizo oficial de información e asesoramento á veciñanza, así, dous técnicos están a disposición dos interesados dende o luns 13 de febreiro ao venres 3 de marzo de 9.00 a 14.00 e de 16.00 a 18.00 horas nas instalacións municipais do Centro de Información á Muller (carretera pola vía 65, antiga estación de tranvía en Panxón).

Deja un comentario