+034 986 09 02 04 Domingo 20 de Setembro de 2020

O Equipo de Goberno de Ribadumia levará a pleno unha moción na defensa do transporte público de cercanías.


A moción orixinouse logo de que a Dirección Xeral de Mobilidade comunicase que este verán vencerán algunhas concesións nas liñas de transporte público e que iso podería provocar a desaparición dalgunha liña
Na orde do día do pleno que terá lugar o próximo xoves 2 de marzo, o equipo de goberno incluirá unha moción relativa o transporte público.
A orixe desta moción está nun comunicado da Dirección Xeral de Mobilidade de finais de xaneiro, onde con sete días de prazo se lle pedía o Concello de Ribadumia que explicara cal era a súa situación neste aspecto, cales eran as necesidades especificas do Concello de Ribadumia e que enumerara, con rutas e periocidade, as propostas pertinentes. Con tan pouco prazo, e carecendo dun estudo de mobilidade, o equipo de goberno solo puido respostar o máis básico, poñendo de relevancia unha preocupante realidade: Ribadumia padece a ausencia total de comunicacións cos centros hospitalarios e de administración pública, malas conexións cos centros de transporte mais próximo, en concreto coas estacións de bus e trens de Vilagarcia e Pontevedra, ademais dunhas tamén deficientes conexións dentro do propio concello, sen liñas que conecten as parroquias co núcleo urbán ou co centro de saúde, e cos concellos limítrofes.
A raíz de ter coñecemento de que o motivo destas consultas por parte da Dirección Xeral de Mobilidade era que no próximo verán vencerán as concesións dalgunhas das escasas liñas que pasan por Ribadumia e que se está planteando aproveitar a ocasión para eliminar dalgunha delas, o equipo de goberno decidiu solicitarlle, a través da moción que levará a pleno este xoves, as administracións responsables, Dirección Xeral de Mobilidade e a Consellería de Infraestruturas e Vivenda da Xunta de Galicia, que se tomen o tempo preciso para realizar un estudo detallado e elaborar un plan de mobilidade, coas correspondentes partidas económicas, que sexa realista coas necesidades dos veciños e veciñas de Ribadumia e aporte solucións acordes, e mentres isto non aconteza non recorten as escasas liñas de comunicación que o Concello de Ribadumia ten.
Implicación da Mancomunidade.
Na moción tamén se proporá que se transmita á Mancomunidade do Salnés a petición de que este organismo tome cartas no asunto, realizando unha proposta conxunta de comunicación comarcal a través dun transporte público de calidade, que conecte os concellos entre eles e cos centros administrativos e sanitarios, ademais de coas estacións de transporte para conectar deste xeito dunha m,aneira práctica e cómoda a nosa comarca co resto do país.

Deja un comentario