+034 986 09 02 04 Mércores 27 de Maio de 2020
DEPUTACIÓN PONTEVEDRA

O deputado Carlos Font lamenta que desde o grupo provincial do PP na Deputación “non aproveiten as boas ocasións que teñen para estar calados”


 

López Font considera vergoñoso que aos deputados populares moléstelles o clima de diálogo e traballo entre o goberno de Carmela Silva e o do presidente Núñez Feijoo

O deputado Carlos López Font lamentou que o grupo do PP na Deputación de Pontevedra insista “en buscar un protagonismo ridículo confrontando unha vez máis con ruído e máis ruído contra o goberno de Carmela Silva”, horas despois de que a presidenta provincial mantivese un encontro de traballo co presidente da Xunta “marcado pola cordialidade, a procura de consensos e un calendario de traballo para que ambas as institucións poidan iniciar un proceso de transferencias que redundará en beneficio da cidadanía”

“Tiñan unha marabillosa ocasión para estar calados, pero que unha vez máis lles pode o ansia de dar batallas inútiles, dixo López Font, que lembrou aos populares “que o seu actual asesor ausente, que non pisa o Pazo Provincial, e anterior presidente da Deputación, limitouse a asinar un papeliño en 2012 sobre competencias que quedou niso: nun papeliño que nin sequera soubo ou quixo desenvolver. Moitas das deputadas e deputados actuais do PP estaban naquel momento gobernando e non fixeron nada. ¿Van vir agora a reclamar unha foto e con elo seguir tentando ensuciar a vida política?, preguntou o deputado.

O portavoz do goberno provincial volveu sinalar que “nese xogo non nos van a atopar. Cada rolda de prensa que dan desde o grupo popular fainos mellor goberno ante os cidadáns. Nin unha idea, nin unha proposta. Só ruído baleiro de contido”. Tamén lembrou que “non só recibimos aos alcaldes da provincia senón que todos están encantados co que facemos aínda que lles teñan prohibido recoñecelo en público. Que sigan por ese camiño, nós seguiremos traballando para a xente”, concluíu López Font.

Deja un comentario