+034 986 09 02 04 Domingo 05 de Xullo de 2020

O equipo de goberno de Ribadumia levará a pleno unha ordenanza de simplificación administrativa.


O obxectivo principal é a simplificación e axilización dos tramites administrativos precisos para poder por en marcha negocios que non requiran dun proxecto de obra

O equipo de goberno de Ribadumia vai levar ó pleno desta tarde unha ordenanza municipal para a simplificación administrativa, que regule a tramitación das declaracións responsables no desenvolvemento de actividades e realización de obras.
O obxectivo é adaptarse o regulamento único de regulación integrada de actividades económicas e apertura de establecementos (decreto 14/2016), aprobado o 22 de setembro do 2016, e a nova Lei do Solo de Galicia, onde se establece a comunicación previa como o réxime xeral de intervención administrativa.
Ata o de agora Ribadumia non dispoñía dunha ordenanza para homoxeneizar os procedementos de regulación da actuación edificatoria e de implantación de actividades, a concesión das licenzas de edificación, instalación de actividades, primeira ocupación e funcionamento, así como outras formas de intervención urbanística. Coa aprobación deste regulamento, o equipo de goberno pretende por un lado adaptarse as esixencias legais actuais, e por outro, o máis importante, facilitar os tramites administrativos daquelas persoas que queiran por en marcha unha actividade no noso concello.
A partir de que esta ordenanza entre en vigor, a formula para iniciar unha actividade da un xiro importante na xestión de expedientes, e para poder abrir as portas dun negocio, salvo aqueles que expresamente requiran de proxectos de obra, so será necesaria a realización dunha comunicación previa e unha declaración responsable, ademais do correspondente pago de taxas, quedando o procedementos de verificación e control sobre os locais comerciais pendentes de que o concello realice as comprobacións pertinentes, pero sen que iso impida a apertura do negocio.
Isto non exime as persoas que poñan en marcha unha actividade da responsabilidade de que as instalacións cumpran coa lei, pero axiliza enormemente os tramites ó permitir o inicio da actividade sen ter que agardar como ata o de agora pola licenza de actividade, un documento que en adiante será substituído pola acta de comprobación que os técnicos municipais realizarán logo de comprobar que os locais comerciais se adecúan as normas legais.

Deja un comentario