+034 986 09 02 04 Venres 17 de Novembro de 2017
DEPUTACIÓN PONTEVEDRA

O Goberno da Deputación destina máis de medio millón de euros para a contratación de 67 persoas en catro municipios ao abeiro do “Plan Concellos 2017”


 

Catoira, Forcarei, Gondomar e O Grove son os catro concellos beneficiarios das achegas

 

A Xunta de Goberno da Deputación de Pontevedra ven de aprobar este venres a sétima concesión de subvencións, nesta ocasión por un total de 526.719,25 €, no marco da liña 3 de emprego do Plan Concellos 2017. Esta cantidade será destinada aos concellos de Catoira, Forcarei, Gondomar e O Grove para que poidan contratar a 67 persoas.

Con estas sete achegas, a institución provincial leva xa investidos en pouco máis dun mes un total de 6.865.700,15 €, o que supón 0 74,06% da liña 3 do Plan Concellos 2017. A Presidenta provincial sinalou a súa satisfacción “polo avanzada que está a concesión da liña 3 do Plan Concellos”, grazas á cal “a día de hoxe xa se crearon 898 postos de emprego en 49 concellos da provincia de Pontevedra”que suporán a garantía e o mantemento dos diversos servizos municipais destas vilas.

En concreto, a Xunta de Goberno da institución provincial vén de aprobar as seguintes achegas a estes catro concellos:Catoira recibirá 61.334,62 € para a contratación de 11 persoas, Forcarei un total de79.641,80 € dirixidos a 9 traballadoras e traballadores, Gondomar outros211.000,61 € para dar emprego a 21 persoas e O Grove recibirá 174.742,22 € para a contratación de 26 traballadoras e traballadores.

Este ano a achega total á liña 3 do Plan Concellos 2017 está situada en 9.270.000 €. Esta cifra supón o 22,5% da totalidade do Plan que, neste exercicio, conta con 41,2 millóns de euros, o que se traducenun 3% máis que o ano pasado.

Deja un comentario