+034 986 09 02 04 Sábado 08 de Agosto de 2020

Visita de Jorge Cubela ao IES Cotobade polo certame de telearqueoloxía


Visita do presidente do Concello de Cerdedo-Cotobade, Jorge Cubela, ao IES Cotobade, situado en Tenorio, onde mantivo un encontro co grupo de estudantes que acadou o segundo posto no festival provincial «Telearqueoloxía» convocado pola Deputación de Pontevedra a finais de 2016. Os rapaces cotobadeses acadaron a segunda posición na categoría Lascas, onde competían con outros trinta traballos, polo seu traballo «A pedra das ferraduras». Cubela felicitou aos rapaces e aos seus profesores e estivo departindo un bo rato con eles sobre as súas inquedanzas e estudos. Ademais, procedeu e entregarlles, a modo de agasallo, un libro sobre a historia de Cotobade.

Deja un comentario