+034 986 09 02 04 Luns 17 de Decembro de 2018

18 persoas participan nun curso de Cociña Internacional do programa Actívate en Tui


Comezou a impartirse no Centro de Formación do Concello de Tui en Tui un curso de Cociña Internacional ao abeiro do programa Actívate da Deputación de Pontevedra, coa colaboración do Concello de Tui.

Un total de 18 persoas participan nesta actividade que consta de dez sesións a impartir en horario matinal os días 10,12, 15, 17, 19 e 23 de decembro, e 12,13,14,e 15 de xaneiro.

A concelleira de Servizos Sociais, Olga Montes, deu hoxe á benvida ao alumnado convidándoos a sacar o máximo aproveitamento desta actividade formativa.

Este curso do programa Actívate súmase ao impartido o pasado mes de novembro de xardinería no que participaron 22 persoas.

En breve está previsto o inicio doutro curso tamén ao abeiro do programa Actívate, neste caso será de “Cociña tradicional”.

Dende o Concello de Tui explican que coa realización destes cursos en colaboración coa Deputación de Pontevedra proséguese a traballar na formación, coma ferramenta básica e eficaz na inserción laboral das persoas desempregadas do municipio de Tui. Insisten no feito que cando maior formación posúan os parados máis posibilidades terán de acceder ao mundo laboral.

Deja un comentario