+034 986 09 02 04 Luns 22 de Xaneiro de 2018

A Xunta inicia as obras de mellora de seguridade viaria no acceso ao polígono de Sequeiros, no concello de Barro, cun investimento de máis de 380.000 euros


Trátase da primeira fase das actuacións comprometidas polo Goberno galego para o acondicionamento desta estrada

A Xunta, a través da Consellería de Infraestruturas e Vivenda, inicia as obras de mellora da seguridade viaria da estrada Pontevedra- Vilagarcía (PO-531), na zona de acceso ao polígono de Sequeiros no punto quilométrico 8+250, ao seu paso polo concello pontevedrés de Barro.

Trátase da primeira fase das actuacións comprometidas polo Goberno galego para o acondicionamento desta infraestrutura viaria. Neste sentido, cómpre lembrar que a conselleira de Infraestruturas e Vivenda, Ethel Vázquez, mantivera unha reunión co alcalde e unha representación de veciños de Barro, onde lles deu conta do proxecto para mellorar a seguridade viaria desta estrada.

Nos primeiros días, levaranse a cabo traballos como a colocación de casetas e, señalización, entre outros. Esta actuación ten un prazo de execución de 6 meses e se adxudicou á empresa Construccions Obras e Viais, S.A. por máis de 380.000 euros.

O obxectivo principal do proxecto á acadar a redución da velocidade de circulación na contorna do punto quilométrico 8 da estrada, e deste xeito reducir a accidentalidade que rexistra o vial neste tramo.

As actuacións previstas centraranse na execución dunha glorieta no principal acceso ao polígono industrial de Sequeiros (Pq.8+250). A construción da rotonda, ademais de mellorar a seguridade viaria no cruce ao evitar os numerosos cruzamentos que se producen desde o carril central actual, conseguirá minimizar o tráfico na contorna do Pq. 8.

O exceso de velocidade identificouse como unha das principais causas da accidentalidade que se rexistra no tramo; por tanto, a execución da glorieta, que obrigará á redución da velocidade por parte dos condutores, colaborará a mellorar a seguridade viaria da PO-531 ao seu paso polo Concello de Barro.

O proxecto tamén contempla a execución de paradas de autobús cun apartadoiro, de xeito que os autobuses non paren no carril de circulación, así como melloras nas barreiras de contención e na sinalización. A actuación compleméntase coa rehabilitación do firme dos accesos ao polígono e ao núcleo de Sequeiros, nun treito antigo da estrada. Ademais, rehabilitarase o firme no acceso ao polígono e ao núcleo de Sequeiros, habilitaranse paradas de autobús, melloraranse as barreiras de contención e a sinalización.

Esta actuación forma parte dun proxecto máis amplo de mellora da seguridade viaria na PO-531 que se seguirá executando de forma progresiva e conforme as prioridades que trasladen os veciños e o Concello. A Consellería de Infraestruturas e os veciños acordaron que a seguinte fase de mellora desta estrada consistirá na construción dunha rotonda na Devesa, no punto quilométrico 7+150, no termo municipal de Pontevedra.

Deja un comentario