+034 986 09 02 04 Xoves 03 de Decembro de 2020

O Concello crea un servizo para promover a implantación de medidas e plans de conciliación nas empresas


No marco do proxecto europeo Equilibrio/ Balnace» mañá preséntase o servizo de formación e asistencia técnica dirixido a empresarios e sindicatos

O Concello de Vilagarcía da un paso máis na súa labor de promover as políticas de conciliación en todos os ámbitos da sociedade. Despois de anos traballando neste eido de xeito interno, é dicir a través dos distintos plans de conciliación implantados no propio Concello, agora pretendese que as políticas e medidas en pro da conciliación responsable sexan adoptadas a motu propio polas empresas. Para facilitar a consecución desta meta, o Concello ofreceralles un servizo de formación e asistencia técnica co fin de que dispoñan dos coñecementos e ferramentas para elaborar e implantar as súas propias propostas.

Esta nova iniciativa lévase a cabo no marco do proxecto europeo «Equlibrio/Balance, por unha conciliación corresponsable», no que o Concello de Vilagarcía participa dende hai anos a través da Área de Igualdade. O servizo de formación e asesoramento ás empresas preséntase mañá, ás cinco da tarde no Auditorio, nun acto público que contará coa presenza do alcalde, Tomás Fole, e do subdirector de Estudos e Cooperación do Instituto da Muller e para a Igualdade de Oportunidades (IMIO).

Esta proposta ten como obxectivo lograr que as empresas de Vilagarcía e da súa zona de influencia incorporen a súa cultura empresarial Plan de Conciliación da vida persoal, familiar e laboral que contribúan a mellorar a vida dos traballadores que integran as súas plantillas. Través deste servizo tratarase de facer entender aos empresarios que este tipo de políticas contribuirá ademais a mellores resultados da empresa posto que a dispoñibilidade destas medidas de conciliación soe ir parella a unha mellora da produtividade dos traballadores.

Este servizo tamén está dirixido ás organizacións sindicais da zona, posto que en moitas ocasións, elas tamén son un bo medio para propoñer ás empresas a posta en marcha de políticas e medidas de conciliación.

A iniciativa tamén se abre a todas aquelas persoas ou organizacións interesadas no tema e con responsabilidade na consecución dun reparto máis equilibrado do tempo que a cidadanía destina a sá vida persoal, familiar e laboral.

Deja un comentario