+034 986 09 02 04 Domingo 25 de Outubro de 2020

Mos solicita máis fondos para o AGDR14


O Director Xeral de Desenvolvemento Rural, Miguel Ángel Pérez Dubois, visitou hoxe o Concello e reuniuse coa alcaldesa, Nidia Arévalo, e o presidente de AEMOS, Manuel Castro

O Director Xeral de Desenvolvemento Rural e Director da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural, Miguel Ángel Pérez Dubois visitou esta mañá o Concello de Mos acompañado polo delegado territorial da Xunta de Galicia en Vigo, Ignacio López-Chaves, para reunirse coa alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, a concelleira de Medio Ambiente e Urbanismo, Julia Loureiro, e membros da directiva da Asociación de Empresarios de Mos, AEMOS, o seu presidente, Manuel Castro, e o xerente Francisco Domínguez.

Representantes municpais e empresariais encabezados pola rexedora local mosense, Nidia Arévalo, e o presidente dos Empresarios de Mos, Manuel Castro, aproveitaron a visita do Director Xeral para solicitarlle fondos para o AGDR14 Grupo de Desenvolvemento Rural MAIV Baixo Miño que ten sede na Axencia de Colocación do Concello de Mos e de cuxa Xunta Directiva son membros a edil mosense de Urbanismo e Medio Ambiente, Julia Loureiro, e Francisco Domínguez, xerente de AEMOS. Para elo defenderon ante Dubois a valía e capacidade de traballo do AGDR14.

Pola súa banda Miguel Pérez Dubois destacou que o AGDR18 Grupo de Desenvolvemento Rural MAIV Baixo Miño do período 2007-2013 (rematado en 2015) foi o que máis fondos xestionou, un total de 5.800.000 euros, e o que máis traballou de toda Galicia durante dito período, no que existían 31 Grupos en total. Actualmente o perído en vigor é o 2014-2020, que deu comezo o pasado ano 2016, e durante o presente período o nome do Grupo é AGDR14. Neste período existen 24 grupos en toda Galicia e os fondos destinados ó Grupo de Desenvolvemento Rural MAIV Baixo Miño ubicacado en Mos son 3.033.000 euros, aínda que se espera incrementar esta cifra ao igual que ocorreu no período anterior, xa que hai Grupos que non logran xestionar a totalidade dos seus fondos, que son reestructurados e dirixidos a outros. Deste xeito o AGDR14 espera incrementar a súa dotación económica para o presente período.

Tanto administración local como Asociación de Empresarios presentaron os seus proxectos na reunión desta mañá. Trátanse de dous proxectos consistentes na continuación da obra no Centro de Día instalado na antiga Casa Reitoral de Petelos por parte do Concello, e o inicio do Centro de Negocios no Parque Empresarial da Veigadaña por parte de AEMOS.

Todas as persoas interesadas en coñecer en profundidade as subvencións existentes e en vigor para empresas e particulares do medio rural poden dirixirse ás oficinas do Grupo de Desenvolvemento Rural MAIV Baixo Miño na Axencia de Colocación de Mos, ou ben ás dependencias da Asociación de Empresarios e ao propio Concello.

Deja un comentario