+034 986 09 02 04 Venres 28 de Febreiro de 2020

Xornada sobre procesos de selección para comercio organizada polo Plan Integrado de Emprego


Celebrarase na Axencia de Colocación de Mos o vindeiro venres 17 de marzo

O II PIE Mos 3.0 organiza un encontro aberto a todos/as os/as interesados/as en asistir sobre as claves nos procesos de selección no sector do comercio. Consistirá en dúas mesas redondas dirixidas tanto aos usuarios do Plan de Emprego como a outras persoas que estean nun proceso de procura ou mellora de emprego. Desenvolverase nas instalacións da Axencia de Colocación de Mos, concretamente no salón de actos, o vindeiro venres, 17 de marzo en horario de mañá, de 11.00 horas a 13.00 horas.
Os ponentes serán Iván Moraña, director de tenda de Aki Bricolaxe Mos e Lorena Colmeiro, responsable de Recursos Humanos da Zona Norte do Grupo Cortefiel. Cada unha das dúas mesas redondas terá unha duración duns 30 minutos aproximadamente e durante as mesmas trataranse os seguintes contidos:
1-Introdución ao sector.
2- Pautas a considerar para entrar nun proceso de selección. Criterios de preselección dun candidato.
3-Competencias demandadas.
4-Criba curricular.
5-Técnicas de recrutamento empregadas pola empresa.
6-Técnicas de selección utilizadas.
7-Pautas a considerar para poder manter o posto de traballo unha vez conseguido.
8-Rogos e preguntas.
Os interesados en asistir deben incribirse previamente a través do enderezo de correo electrónico piemosempresa@concellomos.es O prazo de inscricións atópase xa aberto.

Deja un comentario