+034 986 09 02 04 Mércores 27 de Maio de 2020

Educación ensina ós cativos como coidar dos seus mellores amigos


Os colexios Mestre Valverde Maio e Lar están a ser beneficiarios dunha actividade de prevención do abandono e maltrato animal

A concellería de Educación que dirixe a edil Kely Monzón está a desenvolver durante as xornadas de hoxe e mañá a actividade “Descobre ó teu mellor amigo” no CEIP Mestre Valverde Maio de Sanguiñeda e no Colexio Lar.

Sobre esta iniciativa Monzón explicou que “decenas de animais no noso entorno, sofren o abandono por parte dos seus propietarios, outros moitos conviven en fogares onde non se lles presta a adecuada atención que han de ter as mascotas. Educar na tenencia responsable de mascotas, e previr o maltrato e abandono animal é o marco de actuación desta actividade de carácter lúdico e educativo para a mellora da convivencia cidadá. O aspecto fundamental deste proxecto é concienciar, co xogo, ós escolares dos dereitos e deberes cidadás a través do coñecemento da realidade que lles rodea para favorecer o aprendizaxe dos valores humanos e desenvolver o respecto, interese e o compromiso co seu entorno máis inmediato. Esta iniciativa pretende amosar dun xeito práctico e divertido a importancia que os animais teñen para a desenvolvemento da vida na nosa sociedade e a especial función social que cumpren algúns deles como os cans guías, terapeutas, de asistencia, de busca e rastreo en catástrofes, etc.”

Os obxectivos que se perseguen coa actividade son concienciar ós pequenos da necesidade de desenvolver un bo trato cara as distintas especies, sobre todo as domésticas, promover a tenencia responsable de mascotas, previr dende a infancia actitudes de pasividade fronte o maltrato animal, potenciar o sensibilidade cara o entorno natural, os seres vivos, e o mundo animal e desenvolver nos escolares actitudes de amor, respecto, compromiso e responsabilidade.
Os beneficiarios desta iniciativa son os 108 alumnos e alumnas de primeiro e segundo cursos de Educación Primaria dos colexios Mestre Valverde Maio e Lar. As sesións impartidas teñen unha duración de 90 minutos aproximadamente. Cada sesión didáctica interactiva inclúe a proxección do Power Point “Descobre ó teu mellor amigo”, un coloquio dirixido, o xogo interactivo titulado “O que necesita a nosa mascota”, reflexións sobre a adopción responsable e a presentación de Zipi/Zape, can de raza labrador que colabora na rehabilitación e socialización de persoas con dificultades (en Graña Saúde, Centro de Reeducación Integral, onde desenvolve unha función terapéutica).

A sesión propicia o coñecemento da riqueza que supón para o ser humano e para a nosa sociedade a convivencia cos animais, a identificación das responsabilidades e obrigas que os donos adquiren cos seus animais domésticos e destaca a función social que poden exercer as mascotas e a importante contribución á mellora da nosa calidade de vida e benestar.

Deja un comentario