+034 986 09 02 04 Sábado 21 de Abril de 2018
DEPUTACIÓN PONTEVEDRA

Carmela Silva anuncia que o viveiro de Barro está case o setenta por cento da súa capacidade total


A Presidenta da Deputación asinou hoxe cinco novos convenios con empresas para ocupar tres naves e dúas oficinas

A Presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, asinou hoxe cinco novos convenios con empresas para ocupar tres naves e dúas oficinas no viveiro de Barro, chegando xunto coa solicitudes xa tramitadas a unha ocupación do setenta por cento da totalidade dos espazos dispoñibles.

Das 16 naves que compoñen o viveiro de Barro na actualidade están ocupadas once delas máis tres que están xa solicitadas polo que a dispoñibilidade é de só dúas naves libre. A ocupación de naves é do 87,5 por cento. No que respecta a oficinas, a Presidenta subliñou que das 24 que ten o viveiro, están ocupadas doce e dúas xa están comprometidas, quedando libres só dez espazos. A ocupación é do 58,3 por cento da superficie das oficinas.

Carmela Silva mostrouse moi esperanzada dunha rápida ocupación da totalidade do viveiro xa que todas as empresas destacan a localización de Barro como fundamental para a súa instalación. “Creemos que antes de que remate este semestre de 2017 a totalidade das naves estean ocupadas e un gran número das oficinas tamén”, destacou Silva.

“Para min esta firma de convenios – continuou a Presidenta – e unha gran noticia porque estamos a falar de creación de empresas, de actividade económica e de creación de empregos”.

Por último a Presidenta subliñou que a gran demanda que está a sufrir o viveiro demostra a reactivación da actividade empresarial e “dunha situación económica de crise que está quedando no pasado aínda que moitas persoas no seu día a día non o estar a notar e a están a padecer con moita crueldade pero, é certo, que se está a ver movemento económico que é unha boa noticia”.

As empresas que asinaron hoxe os seus convenios son unha empresa para tratamento de auga (100% Agua); unha para elaboración e deseño de estruturas de aluminio (Aluminium Manufacturing Componentes SL); outra de comercio ao por menor de produtos alimentarios (Icía Distribuciones); outra de xestoría e tramitación de subvencións públicas para PEMES (Adalla Consultores); e unha de importación e exportación de peixes e mariscos (Grupo Auremar).

Deja un comentario