+034 986 09 02 04 Domingo 23 de Setembro de 2018

O goberno local informou polo miudo aos voceiros municipais e á Asociación Lena das xestións feitas para a apertura da protectora de animais no Porriño


A alcaldesa e os voceiros dos grupos municipais, mantiveron unha xuntanza con membros da Asociación Protectora Lena na que o Goberno local deu conta de todos os traballos que se fixeron no máis de ano e medio do presente mandato municipal para crear unha protectora de animais no Porriño.
O Goberno local informou, polo miúdo, aos representantes dos grupos municipais e de Len,a da procura feita de lugares para abrir a protectora, da resposta do Goberno de Galicia á demanda de información técnica sobre a apertura da mesma ou as entrevistas mantidas con responsábeis de comunidades de montes para a posible cesión ao Concello de terreos nos que establecer a protectora.
Na xuntanza, Eva García de la Torre sinalou que a vontade do Goberno local é a de atopar canto antes un lugar no que se poida situar a protectora e ter elaborada, axiña, unha memoria na que se plasme o proxecto ,se estableza o seu custo económico e as necesidades que a protectora poida ter para o axeitado coidado dos animais e de persoal.
De novo, coma xa fixera dende que chegara á Alcaldía, García de la Torre amosou a determinación do Concello de seguir colaborando, “estreitamente” con Lena, “coma fixemos ata o da gora”, e repetiu que cumprirá o seu compromiso de que a protectora estea aberta neste mandato.

Deja un comentario