+034 986 09 02 04 Martes 23 de Outubro de 2018

Cerdedo-Cotobade activará unha brigada rural para o mantemento e mellora de servizos, vías e edificios


O Concello vai iniciar o procedemento de selección coa relación de desempregados remitida polo Inem e cos criterios da Deputación

O Concello de Cerdedo-Cotobade vai activar nas vindeiras semanas unha brigada rural completa que se adicará aos traballos de mantemento e mellora dos servizos, vías, edificiós e instalacións públicas municipais baixo a coordinación da brigada de operarios municipal. Este grupo de traballo, que estará conformado por 22 persoas e cuxo orzamento sitúase en 200.000 euros, contará con persoal de case todas as áreas, como albañiles, electricistas, pintores, peóns e ata condutores. Todos eles estarán contratados a xornada completa e cobrarán o Salario Mínimo Interprofesional (SMI).

O goberno local cre que o funcionamento deste equipo durante os vindeiros oito meses, que practicamente abranguerá todo o que resta do ano 2017, permitirá deixar todos os servizos públicos “en perfectas condicións” para a súa utilización por parte dos veciños. Deste xeito, xa se programou unha actuación integral en todo o termo municipal que chegará a vías municipais, edificios públicos e centros sociais, campos da festa e servizos de interese xeral.

O Concello vai comezar de inmediato o procedemento de selección do persoal, que, segundo as bases da convocatoria, estará conformado por persoas desempregadas, todas veciñas do municipio e ademais pertencentes á relación que acaba de remitir a oficina do Inem de Pontevedra.

A partires deste momento, comezará o proceso selectivo, que vaise rexer polas bases dictaminadas pola Deputación Provincial de Pontevedra. Deste xeito, vaise proceder á baremación dos seus méritos e á realización dunha proba práctica. Ademais, tamén se terán en conta os denominados criterios sociais, entre os que se inclúe a preferencia de contratación para as mulleres vítimas da violencia de xénero.

Esta actuación, que conta coa dobre vertente da mellora dos servizos públicos e da creación de postos de traballo, enmárcase nas Políticas Activas de Emprego do Concello de Cerdedo- Cotobade, coas que se pretende seguir construíndo a recuperación económica e o desenvolvemento do municipio. Ao respecto, estanse a seguir tres liñas de actuación en materia

de inserción laboral: iniciativas da administración local a través de convenios, as accións das administración públicas supramunicipais e os proxectos de carácter privado.

Jorge Cubela e José Balseiros, presidente e vicepresidente do municipio, explicaron que esta iniciativa “é unha boa mostra da nosa firme aposta polo emprego, axudando a parados do noso territorio a insertarse no mercado laboral por medio destes plans municipais”. “Cremos que as administraciónd deben facer un esforzo a prol da inserción, xa que deste xeito contribuímos a xenerar unha maior riqueza no ámbito local”, concluíron.

Deja un comentario