+034 986 09 02 04 Venres 21 de Setembro de 2018

O concello de Ponte Caldelas pavimentará o camiño entre Aluncía e Vilarchán


O proxecto aprobado pola Xunta de Goberno Local ascende a 76.185 euros

O alcalde de Ponte Caldelas Perfecto Rodríguez anunciou que a actuación que o Concello incluirá no Plan Marco da Consellería de Medio Rural para mellóraa de viales municipais, será o pavimentado do camiño que une o lugar de Aluncía (da parroquia de Xustáns) con Vilarchán. A Xunta de Goberno Local aprobou o proxecto que ascende a 76.185 euros e a súa inclusión no citado Plan de Obras.
Trátase dun vial de 1,5 quilómetros de lonxitude que comunica estes dous lugares e xa que logo tamén as parroquias de Xustáns e Tourón pola zona do monte.
Este vial foi reparado recientemente tapando con zahorra os surcos e buracos que as choivas provocan todos os invernos, e agora o alcalde pretende mellorar a capa de rodadura cun asfaltado que evite o seu deterioro durante os invernos, garantindo así que teña un firme en bo estado durante todo o ano.
Os veciños de Aluncía solicitáronlle esta actuación ao alcalde nos últimos anos, pero ata agora non puidera afrontarse polo seu elevado orzamento. Agora o Programa Marco que a Xunta de Galicia a través da Consellería de Medio Rural aprobou para os concellos de Galicia para mellorar camiños municipais, permite ao alcalde dispoñer dunha cuantía de 62.964 euros, que é suficiente para acometer esta obra. O Concello a maiores aportará con fondos propios a cantidade correspondente ao IVA, sumando todo 76.185 euros.
A actuación contempla unha base de firme con pedra de 10 centímetros de espesor estendida e compactada, e posteriormente a capa de rodadura con tratamento de triplo rego asfáltico selado e compactado.
A idea do alcalde é que esa obra poida realizarse na próxima primavera.

Deja un comentario