+034 986 09 02 04 Xoves 26 de Abril de 2018
DEPUTACIÓN PONTEVEDRA

Escolares de Berducedo en Moaña poñen en marcha o seu propio composteiro


Os pequenos e pequenas da Escola Infantil participaron nun obradoiro sobre os bichos axudan a realizar a compostaxe

Os escolares de entre 2 e 6 anos do centro de Educación Infantil de Berducedo en Moaña xa teñen o seu propio composteiro. A posta en marcha contou hoxe coa axuda de persoal do Plan Revitaliza da Deputación de Pontevedra, que explicou ás pequenas e pequenos os pasos que deben seguir para transformar o lixo orgánico nun bo compost para as prantas.

Na xornada de hoxe, ademáis, os nenos e nenas tamén participaron nun obradoiro para identificar os bichos que habitualmente aparecen de xeito natural na composteira e que son fundamentais para o desenvolvemento da compostaxe. Con lentes de aumento e capturadores de fauna o obradoiro foi todo un éxito. A pasada semana xa realizaran a varios xogos tradicionais e coñeceran ao colémbolo, un verme que se ten convertido na mascota educativa do Plan Revitaliza da Deputación.

A institución provincial está a levar adiante este programa educativo sobre compostaxe da man do Centro de Educación e Divulgación Ambiental de Galicia (CEIDA) dentro do Plan Revitaliza. Está dirixido ao alumnado de Infantil, Primaria e Secundaria dos colexios próximos aos composteiros comunitarios implantados pola institución provincial. A día de hoxe están apuntados no programa 16 centros, se ben incorporaranse máis ata final de curso.

A Deputación de Pontevedra, co Plan Revitaliza, está a facer unha aposta clara pola colaboración cos concellos na posta en marcha de plantas de tratamento biolóxico e polo impulso da compostaxe, tanto a escala individual como comunitaria e comarcal.

Deja un comentario