+034 986 09 02 04 Sábado 08 de Agosto de 2020

O concello de Bueu organizará unha Semana Gastronómica con tapas, pratos e cócteles


A concelleira de turismo e promoción e económica, Silvia Carballo, anuncia que se organizará entre o 10 e o 16 de abril unha Semana Gastronómica para a hostalería da vila, na que se incluirán tapas, pratos e cócteles con alcohol e sen alcohol.
O obxectivo é dinamizar a hostalaría local coincidindo desta volta cunha época na que o turismo se incrementa notablemente na vila.
Os locais de Bueu que estean interesados en participar deben comunicarllo á concelleira a través do correo silvia@concellodebueu.org ou chamando ao teléfono 986 39 00 29, con data límite o 29 de marzo. Os custes da tapa será 2.00 €, o prato, 6.00 €, o cóctel sen alcohol, 3.00 €, e o cóctel con alcohol, 4.00 €.
Esta actividade leva organizándose desde xa fai varios anos como unha fórmula para dinamizar a hostalaría local e ofrecer unha alternativa de ocio moi vinculada aos eventos culturais e deportivos. Así, as últimas edicións tiveron lugar en febreiro, e durante o Festival Internacional de Curtametraxes de Bueu (FICBUEU).
Para máis información, debe consultarse a páxina web do Concello de Bueu (www.concellodebueu.org).

Deja un comentario