+034 986 09 02 04 Mércores 28 de Outubro de 2020

O concello de Nigrán proporcionará wifi gratuita en catro espazos públicos e renovará a páxina web municipal


A iniciativa, con custo de 20.000 euros, será presentada a través do GDR para optar ás axudas do programa Leader 2014-2020

O Concello de Nigrán instalará pasado o verán red inalámbrica wi-fi gratuita en catro plazas públicas do municipio e renovará a páxina web municipal, actualmente obsoleta. Dita actuación, cun custe estimado de 20.000 euros, será presentada ao Grupo de Desenvolvemento Local (GDR) para obter axudas no marco da nova convocatoria do programa Leader 2014-2020 (contempladas nas submedidas 19.2 e 19.4 do mesmo). Esta acción se encadra nos tres principais compromisos do goberno: transparencia, participación e diálogo, aspectos que as novas tecnoloxías deben favorecer.

Os lugares seleccionados para permitir a conexión gratuita a internet sen necesidade de cableado son a Praza do Concello, o parque de A Ramallosa (no entorno do centro da terceira idade), o entorno do Pavillón Municipal de Deportes en Panxón e o da propia Biblioteca Municipal. Os usuarios deberán rexistrarse previamente e obterán acceso directo á nova web municipal, permitíndolles navegar libremente pola rede. Ao mesmo tempo, as diferentes conexións proporcionarán ao Concello información relevante sobre os intereses dos veciños e visitantes de cara a implementar cada apartado.

«Concebimos o acceso a internet como un dereito máis das persoas e entendemos as tecnoloxías da información como unha canle para facilitar a vida ás persoas, así que na medida das posibilidades do Concello queremos proporcionar puntos de acceso libre e gratuito en parques ou espazos municipais, como xa sucede nas cidades máis cosmopolitas do mundo. A idea é ir aumentando o número de lugares nos que a xente se poida conectar; hai que ter en conta que é unha medida que beneficiará aos veciños primeiramente pero tamén aos visitantes, especialmente aos estranxeiros, que aforran costes engadidos e poden obter información do municipio inmediata», sinala o alcalde, Juan González. Compre sinalar que o Wi-Fi de acceso gratuito e libre comezou a súa andaina no 2005 en Tallín (Estonia), seguido de Helsinki, Londres, Barcelona… «É unha tendencia imparable, signo de modernidade, á que se irán sumando cada vez máis cidades e pobos, independentemente do seu tamaño», engade González.

Web municipal

Por outra banda, o Concello renovará totalmente a páxina web municipal, actualmente obsoleta e, polo tanto, non válida para proporcionar moitos servizos básicos que facilitarían a vida ao cidadán. O obxectivo é que a nova sirva como un mellor e máis claro punto de acceso á sede electrónica e ao portal de transparencia, e que dende ela se poidan realizar a maioría dos trámites, pagamentos, consultas de datos, novas ou trasladar as queixas e suxerencias. «Actualmente non podemos ofrecer moitos servizos, o obxectivo é que a nova sirva como unha xanela aberta ao mundo e a todos aqueles visitantes que desexen conocernos un pouco máis a fondo pero, sobre todo, debe servir de instrumento útil para os veciños de Nigrán», sinala o rexedor.

Deja un comentario