+034 986 09 02 04 Domingo 23 de Setembro de 2018

A Xunta adxudica vivenda a un home en risco de exclusión social no concello de Vila de Cruces


A Xunta de Galicia, a través da Consellería de Infraestruturas e Vivenda, adxudicou unha vivenda en réxime de alugueiro a un home en risco de exclusión social, no lugar de Fontao, no concello pontevedrés de Vila de Cruces.

A Comisión Provincial de Vivenda de Pontevedra estudou o caso e propuxo a adxudicación directa desta vivenda, propiedade do Instituto Galego de Vivenda e Solo, tal e como permite o artigo 48 do Decreto 253/2007, que destaca que, en situacións de risco como a citada, é posible realizar este tipo de cesións.

O Goberno galego avanza así no cumprimento do Plan rehaVita, que está a reforzar as medidas destinadas a garantir un fogar as familias e cidadáns máis desfavorecidos.

Estas solucións non só se dirixen a aquelas persoas que sofren problemas de índole social, senón que tamén se ofrece colaboración a outros que non poden afrontar o pago do alugueiro ou hipoteca da súa vivenda.

A Consellería de Infraestruturas e Vivenda lembra que segue a dar resposta a todas as familias que solicitan axuda. Neste sentido, no último ano multiplicáronse os esforzos para achegar solucións ás persoas en situación de risco, mediante novos programas de axuda como o Bono de Alugueiro social ou os convenios con entidades financeiras.

Deja un comentario