+034 986 09 02 04 Xoves 26 de Abril de 2018

O 2 de Abril celébrase en Crecente o Campionato Escolar Zonal de Bádminton organizado polo Club Bádminton Ponteareas


O 2 de Abril celébrase en Crecente o Campionato Escolar Zonal de Bádminton organizado polo Club Bádminton Ponteareas e coa colaboración do Servizo Provincial de Deportes dependente da Xunta de Galicia, a Asociacion Deportiva Escolar do Condado e o Concello de Crecente.
Ao redor de 120 deportistas de distintos centros educativos da comarca en categoría alevin, benjamín, infantil e cadete ( nenos de 6 a 12 anos ).
Estes 120 nenos están a ser seleccionados ao longo de varias xornadas deportivas de bádminton entre distintos centros educativos de secundaria e primaria da comarca a través de Xornadas escolares no Pavillón Alvaro Piñeiro de Ponteareas. Celebrando as Xornadas Escolares de Bádminton , pretendemos incentivar a que os nenos vexan o bádminton como unha diversión, unha forma de pasar tempo xogando mentres compiten; xa que o exercicio regular favorece o bo desenvolvemento físico e mental. Axúdalles a integrarse máis socialmente e a adquirir valores fundamentais, como o compañeirismo, aprender a perder, seguir regras, aumenta as posibilidades motoras, etc. As xornadas cos escolareas consistían en ensinarlles un pouco mais deste deporte a través de charlas, vídeos, exhibicións e partidos.
Os centros participantes: IES Val do Tea, IES Ponteareas, IES Salvaterra, CEIP Bouza Brey, Colexio Inmaculada, CPI Mondariz, CEIP Santiago de Oliveira, CEIP Antonio Blanco Covelo, CEIP Feliciano Barreira Gulans, CEIP Ramiro Sabell Mosquera, CEIP Infante Felipe de Salvaterra.
Os Clasificados deste Campionato que se celebrará este domingo 2 de Abril, pasarán a participar no Campionato Escolar Zonal Condado Paradanta Baixo Miño que se celebrará o próximo 23 de Abril.
As seguintes datas de Torneos que se van a celebrar nas instalacións do Club Bádminton Ponteareas son o 23 de Maio o Torneo Zonal Escolar Condado ? Baixo Miño e 28 de maio Campionato Provincial Escolar .
Agradecemos a axuda prestada da Asociacion Deportiva Escolar do Condado e A Paradanta (ADECONPAR) que dirixe o Profe José Luis Soto así como a todos os profes de educación física de todos os coles e institutos que estiveron involucrados neste programa escolar , tamén dar as grazas ao Concello de Ponteareas e ao Servizo Provincial de Deportes de Vigo.
Este é o momento ideal para que os afeccionados ao bádminton e ao deporte en xeral achéguense a gozar do bádminton no Pavillón Alvaro Piñeiro de Ponteareas, en cuaquiera das nosas escolas (Arbo, Mondariz, Crecente, Covelo, A Cañiza, Salvaterra de Miño, Salceda de Caselas) ou en calquera dos torneos marcados na axenda da Tempada.

Deja un comentario