+034 986 09 02 04 Mércores 27 de Maio de 2020

Ponteareas presentar a Mostra da Camelia en Ribadetea


A Casa Cultura da parroquia ponteareá de Ribadetea acolle este sábado 1 e o domingo 2 de abril unha nova Mostra da Camelia en Ponteareas, organizada polo Asociación de Veciños de Ribadetea e coa colaboración do Concello.
Os amantes da camelia teñen unha nova ocasión de contemplar esta exposición que conta co apoio da Deputación de Pontevedra. Confirmaron a súa participación dun total de 30 expositores
A mostra inaugurase mañá sábado 1 de abril ás 16.00 horas e permanecerá aberto ata as 21.00 horas do sábado . O domingo o horario é de 10.00 horas a 20.00.
Ponteareas conta con varios exemplares de Camelia en espazos públicos e a intención do Goberno é incrementar a súa presenza en máis zonas de parques e prazas.
Colección de Camelias no Sobroso
Dende o Goberno local tamén quixeron lembrar a colección de camelias donadas no seu día ao Concello polo coleccionista pontearán Carlos Ucha, colección que foi plantada no Castelo do Sobroso. Durante anos estivo abandonada e agora grazas a colaboración da Deputación de Pontevedra iniciouse a recuperación desta plantación que conta con exemplares moi significativos.

Deja un comentario