+034 986 09 02 04 Venres 26 de Abril de 2019

Cerdedo acolle o vindeiro xoves unha unidade móbil da ITV para a inspección dos vehículos agrícolas


As persoas interesadas neste servizo poden solicitar cita previa a través do teléfono 902 309 000 ou da páxina web www.sycitv.com

O Concello de Cerdedo-Cotobade vai acoller o vindeiro xoves, 6 de abril, unha unidade móbil da Inspección Técnica de Vehículos (ITV) agrícolas, que pretende achegar este servizo de control periódico e obrigatorio dos vehículos aos veciños sen que teñan que desprazarse ata as estacións fixas.
Este equipo estará instalado na rúa das Longas da localidade cerdedense, xusto detrás do cuartel da Garda Civil, e atenderá ás persoas interesadas en pasar a inspección dos seus vehículos agrícolas en dobre quenda de mañá e tarde dende as 9.00 ata as 13.30 e dende as 15.15 ata as 18.00 horas.
As persoas que queiran pasar a inspección dos seus tractores e outros vehículos agrícolas poden axilizar esta inspección solicitando unha cita previa a través do teléfono 902 309 000 ou da páxina web www.sycitv.com.

Deja un comentario