+034 986 09 02 04 Martes 21 de Agosto de 2018

Clausura do Curso Coñeza o teu Mobil


O Concello de Salvaterra de Miño ven de clausurar o seu segundo curso de “Coñece o Teu Móbil”, con un gran éxito entre os alumnos e alumnas que participaron.
Dende febreiro, durante 20 días repartidos en dous días a semana, en clases de hora e media, as dúas profesoras encargadas de impartir este curso dirixido a persoas maiores e que tiña como obxectivo achegalos ao uso e manexo das novas tecnoloxías, neste caso o teléfono móbil, ensináronlles o manexo de programas básicos do móbil, como gardar contactos, eliminar e gardar contactos desde rexistro de chamadas, por unha ou varias alarmas, o uso da calculadora, personalizar as pantallas de inicio e bloqueo, cambios de pantalla, enviar, ler e eliminar mensaxes de texto, o uso da cámara de fotos e o uso do calendario. Ademais os alumnos e alumnas aprenderon a manexar whats app, a crear grupos, enviar fotos, audios, vídeos, contacto, emoticonos, enlaces, a reenviar mensaxes, a bloquear contactos, silenciar grupos e contactos e a cambiar a foto de perfil.
Tamén aprenderon como a través do teléfono se pode acceder ao Sergas, osea, ao uso cotiá das novas tecnoloxías, así aprenderon a gravar datos na aplicación, a pedir unha cita no centro de saúde e a consultalas citas pendentes.
Adrentrándose un pouco máis no uso de internet a través do seu teléfono tamén se centraron nas redes sociais como facebook e aprenderon a usar o GPS ou o Google Maps, a conectarse a unha rede wifi e a buscar información a través do navegador, en fin aplicaron as diversas opcións que ten hoxe en día a telefonía a vida cotiá.

Deja un comentario