+034 986 09 02 04 Venres 06 de Decembro de 2019

O Concello de Ribadumia impulsa o mantemento das zonas verdes e do mobiliario urbán


Nas últimas semanas intensificáronse os traballos de mantemento na parte ribadumiense por onde transcorre a Ruta da Pedra e da Auga e na senda fluvial do Umia. As labores de mantemento xa se viñan mantendo ó longo do ano, e xa no verán pasado se habían reforzado os traballos coa adquisición de maquinaria nova, un tractor de reducido tamaño con desbrozadora e unha podadora manual, que axilizaron moito estas labores e permitiron que co mínimo persoal se acadara un nivel óptimo e sostido no mantemento das sendas fluviais, que agora locen en calquera época do ano unha moi boa imaxe.
Con todo, coa chegada da nova cuadrilla de traballadores e coa vista posta na semana santa e no verán, apostouse por reforzar eses traballos.As labouras que estes días se están levando a cabo, ademais das habituais de corte de herba e repaso do firme das sendas, consisten basicamente en revisar o arbolado, podando algunha ponla que no inverno puidera irse descolgando e renovar o mobiliario defectuoso, especialmente tramos de valla. Ademais, para prolongar a vida útil das vallas e outros elementos decorativos, estase optando, aproveitando que se van renovando, para meter uns soportes de formigón e pvc, que eviten que a madeira teña excesivo contacto coa terra, que era o motivo de que a vida útil destes elementos fora tan reducida.
Traballos nos parques municipais.
Estes días tamén se están intensificando os traballos de mantemento dos parques e espazos públicos municipais, realizando labouras de barnizado e pintado de elementos de xogo, farolas, bancos, etc, e a substitución de pezas defectuosas. Hai que remarcar que, grazas a importante inversión realizada nos anos 2015 e 2016 para corrixir a situación de abandono na que os parques municipais se encontraban, e que superou os 50.000€, estes traballos agora son moito máis reducidos, co cal estase conseguindo que os parques luzan nunhas condicións de mantemento óptimas e o mesmo tempo mellorouse a xestión dos recursos.

Deja un comentario