+034 986 09 02 04 Domingo 24 de Xuño de 2018

O Concello de Ribadumia abre a oficina de turismo para recibir os turistas nas próximas vacacións


O Concello de Ribadumia informa que dende mañá día 7 ata o próximo 17 de abril, permanecerá aberta a oficina de turismo, sita entorno a Rotonda dos Castaños, na parroquia de Barrantes..
Os interesados poden achegarse en horario de 10 a 13:30 e de 16 a 19:30 horas, de luns a domingo, excepto o martes que permanecerá pechada.
Con esta posta en marcha da oficina de turismo, o Concello de Ribadumia da a benvida os turistas e visitantes, que se achegan ata o noso municipio para coñecer os nosos atractivos como poden ser a Ruta da Pedra e da Auga ou o noso patrimonio arquitectónico, onde destacan numerosos muiños, lavadeiros e cruceiros.
As próximas vacacións de Semana Santa, producirán un incremento considerable nas visitas a Ribadumia, e queremos dende este concello que aquelas persoas interesadas en saber máis sobre o municipio teñan a mellor información dispoñible e poidan coñecer os máxicos recunchos que ten Ribadumia.
Sendo esta unha acción máis na promoción turística do municipio, e fundamental para que aquel que visite Ribadumia volva.

Deja un comentario