+034 986 09 02 04 Xoves 21 de Marzo de 2019

A Xunta aposta pola innovación e a internacionalización das empresas galegas para gañar competitividade


O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, visitou hoxe a empresa Kemegal Químicos, centrada no I+D+i e no uso de materias primas que non prexudican ao medio ambiente
O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, visitou esta mañá a empresa Kemegal Químicos,onde destacou a aposta do Goberno galego pola internacionalización e a innovación das empresas galegas como a mellor forma de gañar en competitividade e saír reforzados da crise.

Alfonso Rueda, acompañado do delegado da Xunta en Pontevedra, José Manuel Cores Tourís, destacou o traballo que desenvolve a empresa Kemegal, con sede en Vilagarcía de Arousa, que centra a súa actividade na fabricación de produtos químicos destinados a limpeza e hixiene en xeral, usando materias primas que non prexudican ao medio ambiente.

Durante a visita, Rueda incidiu no exemplo de empresas como ésta, que representan os eixos claves polos que está a apostar a Xunta en materia económica, unha Peme, respectuosa co medio ambiente, centrada na innovación e o desenvolvemento e cunha parte importante dedicada á exportación.

O Goberno galego ten reforzado nos últimos anos o apoio ás empresas para I+D+i e para modernizarse, seguir medrando, sendo máis competitivas e abrindo novos mercados. É o caso desta empresa, que nos últimos anos contou con varias axudas da Xunta, a máis relevante, do Conecta Peme para un programa relacionado coa cunicultura, no que recibiron case 150.000 dos 180.000 euros que custou o proxecto.
Tanto o Conecta Peme e o Innterconecta buscan favorecer a transferencia de resultados da investigación ao tecido empresarial galego, mobilizando nos últimos anos máis de 400 millóns de euros en proxectos innovadores. Concretamente máis de 300 proxectos e case 1.100 empresas beneficiadas.

Deja un comentario