+034 986 09 02 04 Xoves 26 de Abril de 2018

Andaina “Descubrindo Cerdeira, orixes do Requeixo e do mel” e concerto de Malvela nas Neves


No día previo a Feria do Requeixo e Mel andaina e concerto

Dentro das numerosas actividades que se están levando a cabo con motivo da XXVI Feira do Requeixo e do mel este xoves de semana santa vai ter lugar unha andaina pola parroquia de Cerdeira.

Esta andaina ten como punto de partida o torreiro das festas as 16:30 e percorrerá esta parroquia onde dende a asociación Sanomedio e os veciños da parroquia irán desvelando os orixes do Requeixo e do Mel. Para elo faranse pequenas paradas onde se ensinarán os cortizos que se usan para a mel e curiosidades da parroquia como a existencia dun cruceiro e peto de ánimas onde se colgan espigas.

As produtoras familiares do requeixo tamén lles irán contando aos asistentes como elaboran o afamado requeixo e como era a vida nesta parroquia. Xa que no ano 1991 baixaron as mulleres de Cerdeira e Batalláns a vender o requeixo e ás 11.30 horas xa non quedaba nada, ese foi o primeiro grande éxito. Este é o orixe desta festa.

Estas mulleres dende cativas aprenderon a elaborar requeixo das mans das súas aboas e acostumadas a baixar todos os venres a vender o requeixo, é o día do mercado, decidiron baixar tamén o Venres Santo a vendelo pero en vez de vendelo no mercado decidiron vendelo na praza. Elas non se lembran cando empezaron a baixar a vender o requeixo pois era algo habitual facelo dende cativas coas súas nais ao igual que o fixeran antes as súas nais coas súas aboas.

Historias da vida desta parroquia que os asistentes poderán escoltar e o rematar a andaina poderán gozar do requeixo e da mel mediante unha degustación.

A andaina ten una dificultade sinxela o que fai apta tanto para cativos como para adultos tendo unha duración aproximada de 3 horas. No teléfono 616992177 ou no mail festadotinto@gmail.com podese pedir máis información.

O rematar a andaina no auditorio celebrarase o concerto de Malvela as 21:00 horas.

Deja un comentario