+034 986 09 02 04 Martes 24 de Novembro de 2020

A Biblioteca Municipal celebra o Día do Libro


A Biblioteca Pública Municipal de Ponteareas organiza, o 20 de abril ás 18:00 horas, unha actividade dedicada especialmente aos nenos e nenas con idades comprendidas entre os 4 e os 12 anos titulada “O neno que quería ser mago”.
A Biblioteca Municipal de Ponteareas, dependente da Concellaría de Cultura, que dirixe Hortensia Bautista, súmase así á celebración do Día do Libro.
Esta actividade está englobada no programa Ler conta moito. Fantasía e maxia mestúranse para facer gozar aos nenos e nenas de intres moi agradables, onde se tenta espertar o interese pola lectura nas pícaras e pícaros.
O espectáculo ten formato de contacontos co valor engadido de estar ilustrado con maxia, xa que, ao longo do conto vanse sucedendo efectos máxicos relacionados coa historia que se está a contar.

Deja un comentario