+034 986 09 02 04 Sábado 14 de Decembro de 2019

O PP do Porriño solicitará melloras e arranxos nos Parques Infantís


Os parques infantís presentan un evidente estado de abandono, reunindo un sen fin de danos, recintos cheos de maleza, cadeas de columpios rotas, tobogáns oxidados, elementos de xogo astillados, valados rotos ou cravos oxidados que poñen en xogo a seguridade de nenos e nenas

Os populares fanse eco das reclamacións de numerosos veciños e veciñas que denuncian o mal estado de conservación destas zonas de recreo nas diferentes parroquias do Porriño e solicitarán por rexistro e no próximo pleno que se tomen as medidas precisas para acondicionar e conservar os parques infantís do municipio

O Porriño, 20 de abril de 2017.- O grupo municipal do Partido Popular do Porriño solicitará por rexistro e no próximo pleno da corporación que se tomen as medidas pertinentes para que os parques infantís do municipio estean en condicións adecuadas para uso e disfrute de todos os veciños.
Os populares fanse así eco das reclamacións de numerosos veciños e veciñas que denuncian o mal estado de conservación destas zonas de recreo nas diferentes parroquias do Porriño. E é que os parques infantís presentan un evidente estado de abandono, reunindo un sen fin de danos, recintos cheos de maleza, cadeas de columpios rotas, tobogáns oxidados, elementos de xogo astillados, valados rotos ou cravos oxidados que poñen en xogo a seguridade de nenos e nenas. Así mesmo, moitos dos columpios rotos foron retirados sen proceder posteriormente á súa reposición.
O número de nenos e nenas creceu notablemente no Porriño nos últimos anos e este crecemento demográfico, básico para o desenvolvemento do municipio, require que a conservación e mantemento de espazos de lecer e recreo infantil, onde cada día acoden os máis pequenos, sexa unha cuestión prioritaria.

Deja un comentario