+034 986 09 02 04 Domingo 18 de Novembro de 2018

Jacobo Moreira: “Lores recoñece que non hai rumbo”


 “O Alcalde asume a parálise do seu goberno, as diferencias entre o rural e o centro, a nefasta política social e a falta de coordinación do BNG”

“Lores recoñece que non hai rumbo e trata de salvar o seu mandato cambiando as funcións dos seus concelleiros”. Con estas palabras valoraba hoxe o portavoz popular, Jacobo Moreira, o anuncio realizado onte polo Alcalde de Pontevedra. “Non hai un cambio de Goberno como quixo dar a entender. Cando a orquestra soa mal porque non ten bos músicos, por moito que lles modifiques a partitura, a orquestra seguirá soando mal”, sinalou.
“O Alcalde onte recoñeceu catro cousas que vimos denunciando dende hai moitos meses: Bará e Mosquera non atendían as súas funcións no Concello, a parálise na tramitación de proxectos, existen diferencias entre o rural e o centro e no BNG non existe coordinación”, apuntou o portavoz dos populares durante a rolda de prensa de esta mañá.
“Negáronse a baixar os impostos. Temos 5,5 millóns de euros sen gastar. As obras permanecen paralizadas. Prorrogan contratos porque non son capaces de sacalos adiante. Os clubs deportivos seguen sen recibir as súas subvencións. Pontevedra recibe el premio Corazón de Pedra á súa nefasta política social. Aproban os orzamentos primeiro gracias a que un concelleiro do PP estaba ingresado no hospital, e despois in extremis polo intereses da Marea en Santiago”, relatou Jacobo Moreira, “con este panorama, a Lores non lle quedaba máis remedio que mover ficha. Non lle quedaba máis remedio que recoñecer o desastre”, engadiu.
“Unha explanada para autocaravanas e un banco corrido na praza da Ferrería. E chegamos ao ecuador do mandato. O vimos denunciando dende hai moitos meses: é un goberno oxidado. Chegaron con boas intencións, pero tras 18 anos o BNG de Lores non ten nin ganas, nin proxecto”, apuntou o edil popular.
“O 2016 foi o peor ano de xestión da era Lores. O Alcalde o asumiu onte. Estamos en maio de 2017 e seguimos sen saber nada das obras prometidas para este mandato”, puntualizou Jacobo Moreira. “Agora mesmo o que nos preocupa é saber como quedan todos os proxectos comprometidos e que se veñen atrasando”, sinalou. Parque de Médico Ballina, skatepark, cesión y mellora do barrio de Mollavao, Gorgullón, Virxe do Camiño, Parque de Campolongo, Monteporreiro, Ponte do Burgo, campos de fútbol… “Agora mesmo o legado que deixan é o pichi de Cruz Gallástegui e a revolución dun plan de tráfico do que nunca máis se soubo”, manifestou.
“A irresponsabilidade de Lores de manter a Bará nas súas funcións mentres se estaba a dedicar ás campañas electorais, pasoulle factura”, lembrou Jacobo Moreira, “Bará perdeu a confianza de Lores e sen dúbida isto dificulta a súa carreira cara a sucesión do Alcalde”, engadiu. “A preocupación dos nacionalistas céntrase en saber quen será o sucesor cando Lores se xubile”.
“Lores estivo a navegar á deriva dous anos e agora intenta venderlle aos pontevedreses que vai cambiar o rumbo. Pero todo é un envoltorio co único obxectivo de esgotar o mandato e calmar os ánimos de sucesión dentro do BNG”, manifestou. “Lores pensa a dous anos vista. Pontevedra precisa un Alcalde que mire máis aló. Pontevedra non precisa cambios no goberno, senón un cambio de Goberno”, sentenciou Jacobo Moreira.

Deja un comentario